cast | cat | eusk | gal | eng
Museo Veterinario Complutense
Museo Veterinario Complutense
Del.i.cious facebook flickr blogspot issuu youtube

Facultad de Veterinaria. Universidad Complutense de Madrid.

Avenida Puerta de Hierro, s/n 28040 Madrid (ESPAÑA)
Tel.: (+34) 91 394 37 89
Fax: (+34) 91 394 37 89
museovet@vet.ucm.es
FECYT Ministerio de Ciencia e Innovación
Benvidos ao Museo Veterinario

Emprazado na Cidade Universitaria e no comezo do itinerario medioambiental da Senda Real do Concello de Madrid, o Museo Veterinario Complutense acolle unha das coleccións máis valiosas dende o punto de vista veterinario e de gran interese para a historia da ciencia. Cas súas coleccións pódese comprobar a evolución da Veterinaria como ciencia e profesión, as súas actividades, aportacións e áreas de traballo: na clínica animal, nas produccións, na inspección dos alimentos, no medio ambiente; todo queda reflectido a través de máis de 3000 pezas.

O museo como proxecto de recuperación e difusión do patrimonio veterinario é unha iniciativa da Facultade de Veterinaria e do Vicerrectorado de Cultura e Deporte da Universidade Complutense, ca colaboración do Hospital Clínico Veterinario Complutense acolle a sede inicial do museo. Contouse ca implicación dos profesores e investigadores doutras facultades e financiouse grazas á colaboración de entidades públicas e privadas e os donativos e patrocinio de particulares e simpatizantes do museo.